Afleveringen
-
Un dos xornalistas que destapou o escándalo Harvey Weinstein viviu na súa familia un caso de abusos sexuais que quedou sen xulgar. Falamos de Ronan Farrow, fillo de Mia Farrow e Woody Allen.
-
Unha película que parece realidade. Unha realidade que parece ficción. Mentres Roberto Rosellini e Ingrid Bergman rodaban 'Stromboli', detrás das cámaras entraba en erupción un verdadeiro volcán.
-
Zijn er afleveringen die ontbreken?
-
Harper Lee e Truman Capote eran amigos desde a infancia. Nos anos 60 os dous eran escritores deéxito cando viaxaron a Kansas para investigar un crime real. O resultado desa investigación foi o famoso libro de Truman Capote "A sangue frío". Anos despois, cando Harper Lee buscaba un suceso real para escribir o seu propio "A sangue frío", apareceu ante ela a historia dun reverendo de Alabama que era un asasino en serie.
-
A protagonista é Gene Tierney, a muller máis bela da historia do cine. A muller á que un bico lle cambiou a vida. Este bico foi o inicio dunha traxedia que inspiraría á mesmísima Agatha Christie unha das súas novelas.
-
Estocolmo non sóé a capital de Suecia,é tamén o nome dunha síndrome pero, por que se lle chama así? Neste capítulo afondamos na orixe da síndrome de Estocolmo e repasamos varios casos coñecidos.
-
Neste capítulo coñecemos a historia de El Encanto, uns grandes almacéns que converteron La Habana no París americano da primeira metade do século XX. El Encanto foi tamén a orixe dos grandes almacéns que existen en España na actualidade.