Afleveringen
-
Zijn er afleveringen die ontbreken?
-
Programa especializado no mundo do agro
-
A avespa velutina chegou a Galicia hai 12 anos e non deixou de multiplicarse; calcúlase que hai máis de 22.000 niños deste insecto. A mellor estratexia contra esta praga é matar ás raíñas e disto falamos co sarxento do parque de bombeiros de Celanova, José Luís Rodriguez. Examen das perspectivas da colleita de aceite e dos prezos deste produto con Juan Luís Ávila, aceiteiro andaluz e membro de COAG, e con Julio Quiroga, produtor galego de aceite. Descubrimos as herbas de San Xoán, as máis comúns, en que terreos se poden recoller, en conversa co profesor de Ciencias xubilado Amancio Castro.
-
130 candidaturas presentáronse ós premios Galicia Alimentación 2024, un 30 por cento máis que na anterior edición. Falamos sobre o momento da industria galega co presidente do Clúster de Alimentación de Galicia, Andrés Rodríguez. Analizamos o éxito dos seus proxectos con 3 dos premiados: Benigno Pereira, de Queizuar-Queixería Bama; Caros Barral, de Queixería Barral; e Cristina Fernández, da empresa CEAMSA. Entrevista a Maruxa Blanco, presidenta da Asociación Galega de Apicultura coincidindo coa 39ª Mostra de Arzúa.
- Laat meer zien