Afleveringen
-
No programa de hoxe, Silvia Tuñas Añon e Anxo Núñez Fernández, dan comezo á tempada número 5 con todas as novas de actualidade ás que estamos acostumados e tamén desenvolven a xa tradicional sección de improvisación plena "A Toada".
-
No programa de hoxe, Silvia Tuñas Añon e Anxo Núñez Fernández, abordan o porque dunha tempada desaparecida, as novas que nos perdemos no 2018 e a nosa visión de futuro como xa a tradicional sección de improvisación plena "A Toada".
-
Zijn er afleveringen die ontbreken?
-
No programa de hoxe falaremos das ultimas noticias como é habitual. Destacamos: as brigadas de deseucaliptización, o deputado do BNG Luis Bará racha unha imaxe do rei no parlamento galego, promocionan a Feijoó como posíbel sustituto de Rajoy no estado español, unha rapaza dos CDR é detida acusandona de "terrorismo". Na outra metade do programa gozamos dun fantástico especial Eurovisao coa nosa convidada Tamara.
-
Hoxe comezamos cunha sección de titulares e comentarios extra-rápidos. Seguimos coa clásica sección de actualidade no axóuxere con temas como: A novela de En Marea, os soldos de Feijoó e Rajoy, adoctrinamento na xuventude, a moción de censura en Fene e moito máis! Rematamos co caderno de bitácoras.
-
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos ultimos temas de actualidade e traennos as seccións habituais do programa. En actualidade destacamos a deputada vándala de En Marea, a falsificación das notas de Cifuentes, o asasinato político no Brasil e o primeiro atropelo dun coche autónomo. Tamén contamos coa recente sección "Ponme a proba" e coa improvisación da Toada.
-
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos conflictos en Lavapies, da Morte de Stephen Hawking, da malaeducación do noso presidente, do rei e dos eucaliptos na UE. Tamén estreamos nova sección "Ponme a proba" na que realizamos un par de tests con resultados absurdos e rematamos coa improvisación da Toada.
-
No programa de hoxe falamos dos temas candentes de actualidade, coma é habitual e rematamos coa Toada. Na actualidade destacamos: Eurovisión is coming, os galardóns do audiovisual galego Mestre Mateo 2018, a data histórica da folga de mulleres e unha sorpresa propia. Na toada tamén falamos da curiosa historia do cura contrabandista galego.
-
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade. Podemos destacar a crecente represividade do estado, a letra que propón Marta Sánchez para o himno do Reino Español, a tensión con Puigdemont e o éxito dos Bolechas en Portugal. Na sección final improvisamos, coma sempre, na Toada.
-
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan das últimas novidades na política galega e que están a ser obxecto de mofa nas redes sociais. Nas novas de actualidade temos a Agustín Hernández chimpando lixo no Sar, a Villares decindo que Galiza é un "estado de ánimo", un gasto absurdo en curas no SERGAS e a querencia do PP por impor o castelán. Na segunda metade do programa de hoxe desenvolvemos unha parola marabillosa con Adrián Seijas sobre a biotecnoloxía e a ciencia.
-
No programa de hoxe falamos, coma sempre, dos temas de actualidade: Holanda propón aceptar os insultos ao seu monarca, Emilio Cao, un futuro filme sobre a vida de Marcela e Elisa, o voó do Falcon Heavy, a prisión permanente e a sanidade pública. Para rematar temos unha paroia tranquila e relaxante con Andrea sobre varios filmes.
-
No programa 33 estreamos a nosa cuarta tempada. 2 Anos ao teu carón facendo posíbel unha ollada diferente a actualidade na nosa lingua e dispoñíbel para todas e todos, axóuxere segue a medrar e nada nos vai frear! ;)
-
No programa de hoxe falamos das polémicas declaracións do deputado do PP Carlos López Crespo, do rapeiro de La Insurgencia condeado á carcere e de como Trump provoca máis conflicto en Palestina. Temos o enorme orgullo de poder entrevistar a Alex Millet e facemos un especial de A Toada sobre o Nadal con Alba Calo.
-
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade: A comunidade gitana galega premia á garda civil pola sua labor en catalunya e por defender "españa", un xeneral bosniocroata suicidase con veleno na lectura da sua sentencia por crimes de guerra, as persoas trans xa non terán que xustificar enfermidade para mudar de identidade no noso estado e o despilfarro de Vigo en alumeado para o nadal. Temos tamén o enorme orgullo de entrevistar a Lázaro Louzao, director de nove de novembro. Rematamos o programa coa sección "A Toada" onde improvisamos, coma sempre.
-
Hoxe comezamos a Actualidade no axóuxere falando da explotación que exerce Zara sobre os seus traballadores, o momento no que Iceta deixa de bailar, dos Policías Nazis e do caso Campeón que condea a cargos de confianza de Feijoó. O resto do programa, a partires do minuto 30, é un fantástico especial Feminismo no que temos o enorme orgullo de contar coa asturiana Andrea García Gonzalez, experta na materia.
-
No programa de hoxe comezamos co Tecno-Axóuxere no que falamos das propostas polémicas de Facebook, do FaceID e de Twitter. Seguimos coa xa habitual Actualidade no Axóuxere no que comentamos as declaracións homófobas do Alcalde de Valga, as supostas ameazas de asasinatos a Catalunya e as conversas entre Ignacio Gonzalez e Eduardo Zaplana.
Rematamos o programa coa sección de improvisación "A Toada". -
Hoxe comezamos coas efémerides da semana para meternos xa de cheo na actualidade que nos rodea. Como primeira nova da Actualidade no Axóuxere comentamos a xa polémica camisola da selección española de futbol, seguimos coa intervención económica do concello de Madrid por parte do goberno do PP e rematamos a actualidade falando sobre o salario que perciben os e as galegas. Despois da habitual pausa e caderno de bitácora temos o enorme pracer de entrevistar a Fin Eirexas, secretario xeral de ADEGA co que falaremos da lei de depredacion da Galiza. Rematamos o programa coa sección A Toada na que improvisamos sen limites.
-
Hoxe comezamos cunha Ollada ao pasado de dez minutos na que relatamos a resistencia galega contra os Reis Católicos. No minuto 9:30 comezamos coa sección de actualidade na que falamos do sergas e o castelán, do roubo dos franco, da Galiza colonizada e dos presos políticos no estado. Rematamos os ultimos quince minutos do programa coa nova sección "A Toada" na que simplemente improvisamos sobre preguntas filosóficas facilonas e sen moito sentido.
-
No programa de hoxe arrancamos a terceira tempada cun formato ben diferente ao que estamos acostumados. Anxo fala dende Outes e, a 600km, Silvia dende Madrid. Con todas as dificultades técnicas e de desenvolvemento que isto supón falamos, coma sempre, dos temas de actualidade que máis che interesan. Hoxe contamos tamén coa marabillosa voz de Agos Reigosa, presentador do podcast Decote, poderedelo escoitar na sección Rede de Falangullos.
-
Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández realizan o Axóuxere dende o Festigal en Santiago de Compostela con motivo do especial Dia da Patria Galega. Neste axóuxere dinámico e diferente aos demais falaremos cun montón de xente na rúa e contaremos tamén con diversas actuacións musicais da man de Yasmina Farhani Luaces.
-
No programa de hoxe Silvia e Anxo despíndense unha tempada máis cun especial repleto de contido sorpresa e inesperado.
- Laat meer zien