Afleveringen
-
Con David Reinero, xornalista de Praza.gal, e mais con Aida Rosell (Europa Press) e Pablo González (La Voz de Galicia) analizamos as repercusións da sentenza polo accidente do Alvia e o percorrido que aínda fica por diante. Conducido por David Lombao, director de Praza.gal.
-
No Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, falamos co presidente da Plataforma Víctimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, tras a primeira sentenza sobre o sinistro. "Agora hai unha sentenza que di que aparte do maquinista o responsable é Adif. O ridículo dos nosos gobernantes seus enganos foi terrible", afirma tras un ditame que ve como "un triunfo de todos" porque, de agora en diante, "antes de inaugurar unha infraestrutura sen seguridade vano pensar"
-
Zijn er afleveringen die ontbreken?
-
Entrevistamos o eurodeputado socialista Nicolás González Casares, referente do PSdeG na candidatura do PSOE para as eleccións europeas do 9X. Con el conversamos sobre o balance do seu labor na Eurocámara en áreas como a reforma do mercado eléctrico e abordamos asuntos como a transición ecolóxica, o proxecto de Altri ou os riscos dun continente gobernado pola dereita e a extrema dereita
-
Recibimos neste episodio do Fálase a Ana Miranda, eurodeputada do BNG e candidata a seguir séndoo os vindeiros cinco anos. "O escano do BNG ten unha axenda galega sen render contas: gobernamos nós a nosa casa, tamén no Parlamento Europeo", defende nesta entrevista, na que que subliña a importancia duns comicios que tamén ve clave para frear a extrema dereita
-
Este ano estamos a seguir os pasos de Luísa Villalta. Dramaturga, narradora, ensaísta, filóloga, violinista, profesora e poeta. A artista coruñesa homenaxeada no Día das Letras pola Real Academia Galega ten tantas facetas que adentrarse na súa obra é toda unha aventura. Neste episodio do Fálase contamos coas escritoras e mestras Beatriz Maceda e Eli Ríos, que están a vivir con intensidade as celebracións deste 2024
-
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, Ana G. Liste senta con Federico Pérez e Yolanda Muíños para, entre polbo e ribeiro, conversar sobre +Cuñados, o filme co que volven ás pantallas tras o éxito e gargalladas da primeira parte e que chega ás salas de cinema este 19 de abril con arrecendo a entroido ourensán
-
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, tentamos pasar á sección de espertar para ver se, entre a anestesia, temos algo que falar sobre o panorama político do país saído das eleccións que (lembran?) se celebraron hai xa case dous meses. Ademais, Vanesa Vázquez preséntanos os primeiros contidos da nova xeira de VINTE, unha revista en transición
-
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, achegámonos con Vanesa Vázquez e Miguel Pardo aos barrios máis mozos do país, en Vigo e na Coruña, onde o amplo apoio do BNG levou a non pouca veciñanza a pensar, por unhas horas, que o 18F trouxera consigo o cambo político para Galicia
-
O candidato do PSdeG á presidencia asegura percibir "que se reactivan os votantes do Partido Socialista nas locais e xerais que ás veces están parados nas autonómicas" e subliña que o seu partido, como "esquerda que xestiona", pode ter "protagonismo" nun cambio de Goberno que ve perfectamente viable se todo o electorado que quere "poñer fin á perda de oportunidades" para Galicia vai votar o 18F. Con el conversamos sobre o contexto electoral e as súas propostas.
-
Volve o Fálase de Praza.gal cun primeiro episodio especial centrado na campaña das eleccións galegas do 18F. No podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, entrevistamos á portavoz nacional e candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón. "O PP baixa e o BNG sobe: se a xente que quere cambio vota, o 18 de febreiro imos sorrir", asegura.
-
Neste episodio número 55 do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, aproveitamos a fin da tempada para facer un pouco de memoria sobre o 'curso' informativo que remata, que comezou no outono do pasado 2022 e que finaliza aínda coa resaca das eleccións municipais e ollando cara ás xerais. Polo medio, moitas historias e moitos temas que agora lembramos.
-
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos máis da reivindicación das Enfermeiras Eventuais en Loita tras unha nova protesta masiva nas oposicións do Sergas celebradas a pasada fin de semana. No espazo de VINTE, con arrecendo a verán, sabemos da conversa con Ana Pontón no Café Derby 21, viaxamos ao Porto e escoitamos músicas para a calor
-
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, acompáñanos o xornalista ourensán Javier Fraiz para axudarnos a entender un pouco mellor o acontecido en Ourense coas intensas negociacións tras as eleccións municipais, que acabaron desembocando nun novo pacto entre o PP e Jácome, e as súas posibles repercusións locais e galegas
-
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, conversamos con Alfonso Gómez, novo alcalde da cidade suíza de Xenebra, nacido en Corme. O rexedor, neto de represaliado no franquismo, segue moi ligado ao noso país e cre que a súa chegada ao cargo ten un punto de dobre reivindicación: das súas raíces galegas e da importancia da integración da inmigración nos países de destino
-
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos as negociacións en marcha para conformar novos gobernos progresistas en múltiples vilas e cidades e escoitamos algo do que nos contou Lara Méndez, alcaldesa socialista de Lugo, que será reelixida outra volta cos votos de PSdeG e BNG. No espazo de VINTE achegámonos ás Novas Camadas do Festival de Cans, escoitamos a música de Caldo e sabemos do proxecto que quere achegar a política ourensá á mocidade "abandonada"
-
No episodio número 50 do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, repasamos os resultados do 28M co foco en lugares significativos polas maiorías ás que deron lugar as urnas e, sobre todo, porque mantiveron unha dinámica propia que, como os resultados galegos en xeral, non encaixan no 'tsunami' da dereita debuxado para o conxunto do Estado. Da Coruña a Vigo detémonos en Santiago, onde Goretti Sanmartín será alcaldesa polo BNG. Tamén debullamos o resultado da gran batalla de Lugo, onde PSdeG e BNG revalidarán os gobernos do Concello e da Deputación malia á forte aposta do PP provincial
-
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, regresamos a Barreiros para repasar o longo percorrido xudicial e político da desfeita urbanística que padeceu este concello mariñao a principios de século co antigo goberno local do PP e falamos coa súa alcaldesa, Ana Ermida, do BNG, que aspira á reelección tras chegar ao goberno en 2019. Ademais, escoitamos algunhas das impresións máis destacadas de PP, PSdeG e BNG na recta final da campaña do 28M
-
A poucas horas do inicio da campaña do 28M, no podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos o taboleiro electoral local de Galicia e tamén poñemos o foco nalgúns dos puntos clave aos que haberá que ollar con atención na noite dos comicios. Coa redacción do xornal percorremos as cadeiras do poder municipal máis relevantes e non perdemos de vista a outra batalla fundamental, a das deputacións
-
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos o acontecido coa folga médica convocada en solitario por un único sindicato e a contrariedade que xerou nos movementos a prol da sanidade pública e nas centrais sindicais con representación nas negociacións coa Xunta. Falámolo con Manuel G. Moreira, secretario nacional da CIG-Saúde. Ademais, achegámonos á mobilización do persoal da CRTVG, que continúa coas folgas e levou a súa loita ante o Senado
-
O dereito á vivenda regresa ao centro da axenda política coa nova lei estatal ou o plan para alugar a prezo accesible pisos do banco malo. Analizámolo no novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao. Ademais, con VINTE escoitamos as músicas de Ramona, a protagonista de Matria, e anotamos varias citas culturais de interese na Coruña
- Laat meer zien