Afleveringen
-
Esta historia comeza no Barco de Valdeorras. No mes de setembro de 2021, estanse celebrando as Festas do Cristo. Unha muller chama a emerxencias porque acaba de atopar á súa compañeira de piso morta. A vítima é Leticia Sanabria, unha moza de 29 anos natural de Paraguay. A Garda Civil iniciou unha investigación que se nomeou "Operación Horus".
-
Esta historia comeza en Verín, en 2011. Bernardino Pousa, chofer nunha empresa de autobuses, é asasinado a golpes cando estaba finalizando a xornada de traballo. Alguén tivo moito interese en asegurarse de matalo. A resolución do crime traerá sorpresas coas que non contaban os investigadores.
-
Zijn er afleveringen die ontbreken?
-
Esta historia comeza en Fene, en 2002, cando Vanessa Lorente desaparece co seu bebé de catro meses. A busca de Vanessa vainos levar ata Monfero para acabar descubrindo que tras un crime, pode haber motivacións inimaxinables.
-
Esta historia comeza en Cabanas, en 2013, coa desaparición de Elisa Abruñedo. Horas despois, atoparían o seu cadáver. Tras dez anos e unha investigación sen precedentes, conseguiuse dar co seu asasino.
-
Esta historia comeza unha mañá cedo, cando un veciño dun edificio en Vigo atopa o cadáver dunha moza no portal. A vítima é Ana Enjamio, de 25 anos, e foi acoitelada.
A policía non tarda moito en resolver o crime, pero tamén se destapa que, realmente, esta historia comezara moito antes do asasinato de Ana.
-
Esta historia comeza cun incendio nunha casa familiar. Hai vítimas mortais e tamén hai membros da familia desaparecidos. Pouco a pouco vaise descubrindo que este suceso agocha un crime cun desenlace inesperado.
-
Na madrugada do 2 de abril do ano 2015, unha muller é brutalmente agredida no seu domicilio. O seu home, a única testemuña dos feitos, di que uns intrusos entraron na vivenda para roubar. A garda civil comeza a investigar ese asalto que virará nun caso totalmente distinto só unhas semanas despois.