Afleveringen
-
ADVERTENCIA DE CONTIDO: Mencións de violencia física e psicolóxica cara mulleres, mencións sobre o suicidio.
Xa na recta final da tempada, traemos un especial sobre cales son as peores persoas da historia na nosa opinión. Nesta primeira parte, Duarte narra a violenta vida dunha celebridade cara as mulleres do seu círculo e a súa propia familia, feitos que non adoitan a nomearse cando se fala da sua obra.
-
As tanxentes desta semana acabaron sendo bastante máis temáticas (e intimas) do que pensabamos cando comezamos a gravar. Falamos das implicacións das infidelidades entre parellas e como é romper co teu grupo de amigos, con Ariana Grande como fío conector.
-
Zijn er afleveringen die ontbreken?
-
Esta semana, Malva, Duarte e Mestre Mateo nominated Youtuber Olaxonmario exploran os misterios máis emblemáticos da ilustre vila de Boiro, a Santa Compaña e Kate Middleton.
-
Esta semana, Malva e Duarte volven co seu xa habitual popurrí de tanxentes. Falamos de Linkedin, da fama das redes e, en especial, do boicot a Eurovisión, de como foron as nosas charlas de educación sexual e do dano que fai a pornografía na mocidade.
-
ADVERTENCIA DE CONTIDO: Mencións de abuso sexual infantil e sacrificios animais.
Esta semana Malva cumple a súa promesa e fálanos dun fenómeno moi misterioso: o Pánico Satánico da década dos 80. Por que comezou? Cales son os seus antecedentes históricos? Como está relacionado co boom das sectas? Todo isto e máis neste capítulo de Malva e Duarte falan de misterios.
-
Esta semana Malva e Duarte falan de pequenos terrorismos que se poden cometer en festas universitarias, o Súper Bowl e os altos e os baixos das aplicacións de citas. Podedes donar a Gofundmes para axudar a xente a evacuar de Gaza nesta ligazóns: https://docs.google.com/spreadsheets/d/1vtMLLOzuc6GpkFySyVtKQOY2j-Vvg0UsChMCFst_WLA/htmlview
-
Regresamos do entroido con novo misterio!
Desta vez, retrocedemos nove séculos para contar a historia de dous irmáns de Woolpit, unha pequena vila inglesa, e o día que apareceron en estranas circunstancias… ca pel de cor verde!
-
Esta semana as tanxentes son unha mestura de temas. Comezamos falando un chisco sobre os prexuizos asociados aos códigos de vestimenta, a orientación sexual e a gordofobia, para rematar ca nosa opinión sobre as (non) nominacións de Greta Gerwig e Margot Robbie nos Oscars.
-
Volvemos as nosas raíces! Esta semana Malva nárralle a Duarte un episodio como os da primeira tempada, no que especulan quen estivo detrás de milleiros de mutilacións de gando nos 70 en Kansas, Colorado, Nebraska e todos eses estados nos EEUU aos que sempre van os aliens. Quen lle pasou a Snippy a besta? Que relación ten isto co pánico satánico? Con que animal mitolóxico ten Duarte unha especial obsesión?
-
Esta semana presentámosvos o Malva e Duarte Awards, nos que miramos a todas as películas que temos en común en Letterboxd e entregamos premios tan importantes como: Performance Que Serviu Máis Cona Award, Como Acabei Vendo Esta Peli Award ou Premio Edgar Wright a Director Que Debería Parar de Escribir Guións.
-
Volvemos das vacacións de Nadal retomando o fenómeno OVNI nun novo debate no que poñemos enriba da mesa ás Momias de Nazca, unha xa famosa conferencia de 2023 na que se aportaba evidencia real sobre a existencia dos aliens. Pero bueno, polo medio tamén falamos de alcoholismo, dos neandertais, de Gypsy Rose e do grande que ten Malva a cabeza.
-
Continuamos ca nosa análise das persoas gañadoras da Revista Time ata chegar ao 2023. Preparádevos para un montón de anticomunismo, presidentes dos estados unidos e personaxes recurrentes do podcast como os nosos queridos Elon Musk e Taylor Swift.
-
Esta semana, Malva volve do seu tour europeo para discutir un dos temas máis importantes ata agora: o que Malva e Duarte pensan sobre todes e cada unhe des gañadores de Persoa do Ano da revista Time desde o 1927.
-
Esta semana tivemos unha morea de problemas técnicos, varios ordenadores estragados e a Malva de vacacións.
Malia parecer un episodio maldito, nesta nova entrega contamos con Iris Ledo (@irislm9), persoa que igual lembrades de certas tanxentes cinéfilas. Isto para falar da historia de Benito Soto, o último gran pirata do Atlántico que, coma ela, era de Pontevedra e que deixou un tesouro que igual ainda segue entre nós!
-
Rodri Míguez segue con nós unha semana máis para, agora si, falar de música sen acabar cambiando de tema á metade do episodio. Novas tanxentes nas que comentamos o ‘novo’ álbum de Taylor Swift, artistas cancelables, o Son do Camiño e máis temas musicais!
-
A roda de traer invitados non para! Por iso esta semana temos connosco a @rodrimiguez97 nun episodio que, como non podía ser doutro xeito, ten temática músical. Viunos contar a historia de Jim Sullivan, un autor sen éxito que desapareceu en estrañas circunstancias nun caso que implica abducións, mafia e a Grande Amore.
-
Neste episodio Malva e Duarte NON falan de música. Propóñense falar de música, iso si. Pero acaban falando de fundamentalismo e trauma relixioso. Entramos na era das tanxentes das tanxentes.
-
Esta semana, icono da moda, da música e a fotografía César acompáñanos para investigar unha das conspiracións máis grandes do século XXI... Foi Britney Spears unha distracción para as terribles decisións políticas de George W. Bush?
-
O episodio de tanxentes desta semana trata sobre cine e películas, ou máis ben sobre a nosa “Letterboxd era”, pois comentamos os nosos gustos cinematográficos, cales son as nosos 4 filmes favoritos actualmente e, sorpresa, tamén os favoritos das nosas parellas (previa petición, claro).
-
Esta semana toca episodio especial de Malva e Duarte falan de Misterios, porque deixamos de lado os vellos enigmas e traemos a última hora dun dos temas paranormais do momento: os aliens.
De feito, é tan especial que pasamos mais tempo falando doutros temas que de ovnis.
- Laat meer zien