Afleveringen
-
Neste especial, as principais actrices e actores da novela nos explican como xurdiu a idea e como foi o proceso de gravación. Durante os case dous anos de emisión participaron na radionovela moitísimas voces, tanto da Radio Galega como da Televisión de Galicia ou do mundo da política e do espectáculo (Roberto Vilar, Víctor Fábregas, Xosé Ramón Gayoso, Terio Carrera…). Os actores e actrices convidados detállanse en cada capítulo.
-
O ex-marido de Olga chega a Buserana e ninguén sospeita das súas intencións. Actuación especial de Ricardo Alonso.
-
Zijn er afleveringen die ontbreken?
-
Agustín vai ás rebaixas para buscarlles un agasallo de última hora ás fillas. Actuación especial de Vita Dacuña.
-
As irmás celebran unha festa na noite de Reis na churrasquería. Con Cristina Martínez, Chus Silva e Sevi Martínez.
-
A cobertura chega a Buserana e este capítulo está cheo de chamadas. Con Cristina Martínez, Ana Varela e Carmen Fernández.
-
A familia Carril comeza o novo ano coa defunción dun importante membro da familia. Con María Xosé Rodríguez, Cristina Martínez e Nieves Gil.
-
Buserana recibe a visita dos Reis de España. Guest Star do rei Xoán Carlos.
-
Antía ignora os acontecementos do día da súa voda e todos se esforzan en que siga así. Con Nicolás Camino.
-
Tras as vodas, os Carril celebran a revoda para aproveitar as sobras. Con Cristina Martínez, Rocío Pereira, Nieves Gil e Maca Reimúndez.
-
Chegou o día da dobre voda. Con María Xosé Rodríguez, Rocío Pereira, Cristina Martínez, Maca Reimúndez, Nieves Gil, Chus Silva e Nicolás Camino.
-
As malas noticias non rematan. O papagaio Troco debátese entre a vida e a morte. Con Maca Reimúndez, Nieves Gil e Carmen Fernández.
-
O día da Lotaría de Nadal toda Buserana está pendente do mesmo número. Con Maca Reimúndez, Nieves Gil e Carmen Fernández.
-
As tías do Brasil chegan desde Pontecense para botar unha man ante a dramática situación que vive a familia. Con Maca Reimúndez, Nieves Gil e Carmen Fernández.
-
Na madrugada xógase na churrasquería unha partida de tute clandestina. Con Nicolás Camino, Xosé Antonio Vales e Xurxo Sobrino.
-
Entramos na casa dos Carril nunha plácida noite de sono e soños.
-
A lea que se montou na casa dos Carril é o tema máis comentado en Buserana, especialmente na farmacia. Con Cristina Martínez e Rocío Pereira.
-
Aínda non é Nadal, pero Leti adiántase ao chegar cargadiña de agasallos. Con Xurxo Sobrino.
-
Antía ten unha dúbida que só pode resolverse na farmacia. Con Cristina Martínez, Rocío Pereira e Isidro Cea.
-
Adelina está desgustada porque don Cristovo quere cambiar a data da voda. Con Nicolás Camino, María Xosé Rodríguez e Isidro Cea.
-
Leti e Agustín precisan un cambio de look e unha psicóloga. Atopan todo no salón de Viruca. Con Ana Varela e Isidro Cea.
- Laat meer zien