Afleveringen
-
Dúas amigas están a piques de subir a un avión para mudarse xuntas ao Brasil. No aeroporto, unha delas confésalle un segredo á outra e xera un dilema inesperado. O autor do texto, o vigués Francisco Peleteiro, ten ampla experiencia nas artes escénicas e o audiovisual como autor, adaptador, actor ou docente. No ámbito do radioteatro foi finalista do V Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega (2011).
-
Dous empregados dunha funeraria transportan un cadaleito pola autoestrada. Un deles, traballador modélico, reflexiona sobre a súa vida ante o outro, contratado en prácticas e fillo da dona. É unha creación da autora e actriz Eva María Gontad. Nada en Cotobade (Pontevedra), debutou como dramaturga xunto a Begoña García Ferreira en Charlie’s Angels’ sex (Teatro Cachuzo) e forma parte do colectivo Walkitalkis de teatro radiofónico na rede.
-
Zijn er afleveringen die ontbreken?
-
Encerrado desenvólvese no velorio dunha moza asasinada. O seu profesor asiste ao tanatorio e queda encerrado no ascensor co repartidor de flores. A conversa entre ambos cambiaralle a vida. O autor do texto é o xerezano José Luis Baños de Cos, cuxas obras recolleron nos últimos anos o Premio Abrente da MIT de Ribadavia (2019), o Premio Barriga Verde (2022) ou o Premio Roberto Vidal Bolaño en dúas ocasións (2020 e 2022).